martes, 14 de enero de 2014

domingo, 15 de diciembre de 2013

La Navidad de Emilio y Lilu

Comezamos xa o proxecto do Nadal con este divertido conto. Na véspera do Nadal, Emilio e Lilú van buscar un abeto. Logo o decoran con grilandas e bolas de cores, e se van cedo á cama, pois esa noite chega Papá Noel. Pola mañá, Emilio e Lilú amósannos os seus regalos.
Antes de contar o conto, os nenos e nenas falaron de como se celebra o Nadal nas súas casas. A maioría decoran unha árbore de Nadal; hai tamén nenos que fan un Belén e decoran a casa enteira con estrelas, calcetíns que serán enchidos de doces... Tamén comen doces típicos coma turrón, mazapán, polvoróns e visitan a moitos dos seus familiares.

Logo lembramos que os contos divídense en tres partes: inicio, medio e final. Os alumnos elexiran unha ilustración de cada parte do conto que eles pintarán con pincel e moitas cores. Estes son alguns dos seus traballos:

domingo, 24 de noviembre de 2013

A figueira de Pelostortos

A figueira que daba os mellores figos de toda a aldea era a de Pelostortos. E él a vixiaba pola mañá, pola tarde e pola noite. Ía armado cunha escopeta que disparaba cartuchos de sal aos nenos que se acercaban por alí, pois non quería compartir nin un dos seus figos:

"Antes me leven as almas en pena que darvos un só figo da miña figueira"

Pero hai que ter tino co que se promete ás toas, sobre todo, se o que merecemos é un bo escarmento, tal e como lle ocorre ao avaro protagonista deste terrorífico e divertido conto.

Na Escola de Carreira, os nenos de E. Primaria turnáronse para ler o conto entre todos os compañeiros. Fixéronno moi ben pois incluso atrevéronse a entonar as voces das personaxes cando lles tocaba falar.


Unha vez lido e comprendido o conto nas suas tres partes, comezamos o proxecto: personaxes silueteados que serán utilizados para facer teatro de sombras. Os alumnos picaron as partes escuras e a silueta da personaxe que elexiron.
Despois recortaron e pegaron papel celofán de cores nos ocos internos das personaxes: ollos, boca, nariz, zona dos brazos...

Na segunda semana foi cando remataron as personaxes e aproveitamos tamén para recitar o Poema da Pantasma Cucufate que podedes ler na sección de Poemas e resolvimos adiviñas das personaxes do samaín. Na terceira semana do mes recordamos o que era o teatro de sombras, o que precisamos para facelo, a súa historia, como xurdiu e visionamos tres exemplos de cómo se pode facer teatro de sombras: co corpo, coas mans e con personaxes e decorados de cartolina.
Logo representamos o conto entre toda a clase.

domingo, 10 de noviembre de 2013

A figueira de pelostortos

Neste proxecto imos confecionar as personaxes do conto para realizar un teatro de sombras chinescas. Por iso é moi importante primeiro picar os ocos de negro e logo picar ou recortar moi ben a silueta. Despois pegaremos papel de celofán de cores por detrás das figuras para que, ao proxectalas, aparezan as siluetas con moitas luces de cores. 




A continuación déixovos as máscaras que utilizamos os profes para facer a obra de teatro de A figueira de Pelostortos, durante o festival de Samaín- Magosto 2013




sábado, 2 de noviembre de 2013

O que mais me gusta da escola

O QUE MÁIS ME GUSTA DA ESCOLA
No mes de setembro, como actividad manipulativa, fixemos un boneco en papel do protagonista do conto. Para E. Primaria realizamos un "Cube Scrable" e aquí vos deixo a plantilla para coroleala, recortala e pegala.


viernes, 1 de noviembre de 2013

O Mar

Nin de día nin de noite                                                                              Nunha cala de mar
pode a miña vela alumear,                                                                         aínda con moi mala pinta
pero cando sopra o vento                                                                         disposto para pintar
moi ben podo navegar.                                                                              usando a súa tinta.


Facendo ruído veñen,                                                                                Non creo que saia
facendo ruído vanse,                                                                                 da auga nadando,
e cando mañá volten,                                                                                pero está no túa nádega
do mesmo modo iránse.                                                                           se te estás bañando.


En dúas castañolas                                                                                   Dúas pinzas teño,
vivo encerrado                                                                                         cara atrás camiño
e cando sácanme do mar                                                                          de mar ou de río,
póñome colorado.                                                                                    na auga vivo.


Cinco brazos, mais non o lamento.                                                           Ía unha vaca de lao
Habita sempre no mar,                                                                             e logo resultou pescado.
aínda que a podes atopar
de noite no firmamento.


Vivo no mar sen ser peixe
e son moi xoguetón.
Nunca báñome no Rhin
nin de principio, nin de_fin.


sábado, 19 de octubre de 2013

O pescador e a súa muller

Con motivo da XVII edición de Voz Natura, na que este ano somos participantes, "Ríos e praias en boas mans", eleximos para este mes de Outubro este libro que fala da historia dun mariñeiro e a súa muller cando aquel pesca no mar un rodaballo encantado. O mariñeiro era moi humilde e estaba contento coa vida que levaba, pero non así a súa muller. Cando enterouse que liberou do anzol a un rodaballo que era un príncipe encantado ordenoulle que voltara e que lle pedira un desexo: unha casa. Pero non parou aquí pois seguiu reclamando máis, e máis e máis cousas.

Este clásico conto encerra unha moralexa que é facilmente identificada polos nenos: a avaricia rompe o saco. Despois da lectura aprendimos a identificar o título do conto, as personaxes e o protagonista, o lugar e o tempo en que transcorre a historia.

Co fin de afianzar e aprender vocabulario sobre o mar, cada alumno escolleu un animal mariño e o pintou de moitas cores, logo recortámolo e o pegamos no mural que previamente decoramos entre todos.
Na segunda semana de outubro traballamos as adiviñas sobre o mar. Os alumnos de E. Primaria leron as adiviñas aos nenos mais pequenos e entre todos intentaron adiviñalas. Logo o alumnado de E. Primaria escribiu as respostas debaixo das adiviñas e os nenos de E. Infantil recortaron os recadros. Logo serán pegados no mural.

Na terceira semana rematamos os murais, e fixemos un pouco de teatro. Primeiro os nenos imaxinaron que deixaban de ser quenes eran para convertirse nun animal mariño. Logo representamos algunha escena do
conto. Se lles da moi ben!!