viernes, 29 de marzo de 2013

El mágico mundo de los periódicos

No mes de marzo, con motivo da Semana da prensa na escola, realizamos un proxecto sobre os xornais e limos o conto de "El mágico mundo de los periódicos"

Este libro achega aos nenos ao mundo das miles de noticias que cada día imprímense nas páxinas dos xornais do mundo enteiro. Compara os xornais con bolas de cristal e con sopas de palabras. Nos xornais poden aparecer noticias tan marabillosas como a entrevista a un extraterrestre, a exclusiva dunha familia invisible, ou fotografías da concentración de alfombras voadoras na cidade de Aireh...

O primeiro que fixemos foi repartir a cada alumno un xornal para que poidese investigalo: comprobar as súas seccións (deportes, internacional, nacional, pasatempos), a súa estructura (título, encabezado, pé de páxina), o tipo de noticias... etc. Os alumnos e alumnas buscan as letras para compoñer o título da portada do noso xornal: O NOTICIEIRO.

Despois colorearon a ilustración dunha das imáxenes do libro: a entrevista ao extraterrestre.

 Finalmente escolleron unha noticia que lles gustara e un anuncio que lles chamara a súa atención para pegalo ao lado da ilustración. Este foi o resultado dalgúns dos traballos

miércoles, 27 de marzo de 2013

Sígueme!

SÍGUEME!
O proxecto para este conto consistia na realización dun cartel para o Día dos Namorados. Os alumnos máis maiores escribían unha mensaxe de amor na folla, segun elexiran a personaxe da formiga ou do elefante, e os mais pequenos simplemente escribían ou copiaban SÍGUEME.


lunes, 25 de marzo de 2013

A cousa que máis doe do mundo

A COUSA QUE MAIS DOE DO MUNDO

O traballo para este conto consistiu en escribir ou rotular a moralexa: A mentira é a cousa que máis doe do mundo. Este é a mensaxe que con dor tivo que aprender a hiena. Por iso coas tesouras recortamos o corazón para "rompelo" en dúas metades. Logo poderemos coselo, primeiro facendo ben os buracos co punzón ou cun talador para os mais pequenos. Tedes aquí as ilustracións.



domingo, 24 de marzo de 2013

Martiño

CANDO MARTIÑO TIVO GANAS DE MEXAR NA NOITE DE REIS

Para traballar este libro elaborei estas tres ilustracións que corresponden co inicio, medio e final do conto.


viernes, 22 de marzo de 2013

Cementerio

Un dos últimos traballos do Samáin foi realizar un escenario de Terror. Este ano eleximos un cementerio. Aquí tedes as imaxes para colorear, recortar e construilo vos mesmos.



Unha vez recortados podedes pegalos sobre unha cartolina onde podedes debuxar un pouco de herba, unhas pedriñas, un caminiño e algún bichiño.

domingo, 17 de marzo de 2013

Día da Paz

O Departamento de Biblioteca recoménda para o mes de Xaneiro os seguintes títulos:

EL LIBRO DE LA PAZ (Castelán)

Paz é viaxar a moitos lugares. Paz é dar calor. Paz é que todo o mundo teña un fogar. Abre este libro e lerás moitas cousas sobre a paz.



A GUERRA DOS NÚMEROS (OQO) (Galego)

Facendo un uso simbólico e metafórico da operación de restar, o autor achéganos á loucura das guerras orixinadas por mor da crenza de que todo aquilo que é diferente supón unha ameaza. Esta obra dedícase a desarmar semellante falacia e pon o acento en que o coñecemento dos outros enriquece: non resta, suma. Un conto para a paz que maneza conceptos como o da escravitude, o abuso, a resolución de conflitos, pero tamén unha ferramente didáctica para se familiarizar con códigos matemáticos.




WHAT DOES PEACE FEEL LIKE? CCBC (English)

O autor deste libro preguntou a unha variedade de nenos algunhas preguntas sobre a paz: A qué hule? A qué se parece? As súas respostas son frescas poéticas e consegue definir a palabra "paz" a través dos cinco sentidos. As ilustracións representan a nenos diferentes coas suas respostas pacíficas: unha pizza recén feita ao forno, o riso, a felicidade, o aniversario, alguén aloumiñando a súa espalda, un anxo. Na última páxina aparece escrita a palabra "paz" en máis de cen linguas diferentes.



sábado, 16 de marzo de 2013

Nadal

No mes de decembro recomendámosche os seguintes libros:

EL GRAN LIBRO DE LOS REGALOS MÁGICOS (SM) (Castelán)

Trátase dun libro moi especial, porque fala de desexos que non existen ata que se soña con eles e entón... pois, nunca se sabe. Nada mellor que un comezo de ano para comezar pedindo, escribindo, soñando e espertando os desexos inimaxinables: plastilina que se poida comer, unha mesiña de noite come-monstros...

 

CANDO MARTIÑO TIVO GANAS DE MEXAR NA NOITE DE REIS (Kalandraka) (Galego)

Os Reis Magos non entran na casa dos nenos que non están "durmidos", avisouno o seu pai. Pero a medianoite Martiño soñaba, e entráronlle unhas enormes ganas de mexar... Trátase dun atípico conto de Nadal que amosa a particular visión dun neno sobre ese acontecemento tan especial. A narración chea de inxenio e humor, desvela a inxenuidade e, ao mesmo tempo, a complexidade do maxín infantil.



GOD GAVE US CHRISTMAS (English)

Demasiado a menudo, o Nadal convírtese na tempada "Eu quero..." Eu quero xoguetes, agasallos, quero iso, aquilo. Pero este non é o verdadeiro significado do nadal. Nin sequera as vacación ou as comilonas. Trátase de compartir. A través de libros coma este podemos recordar e entender que o Nadal non ten que ver coas posesións materiais.

viernes, 15 de marzo de 2013

Iyoké

DONDE ESTÁ EL TRAPITO DE IYOKÉ?

Un dos proxecto que elaborei para este conto foi a elaboración de monicreques para logo realizar a súa representación. Aquí tedes as persoaxes do conto listas para colorear.









Samaín

Para o mes de Novembro recomendámoste os seguintes títulos:

MONSTRUOS DIVERTIDOS (SM) (Castelán)

Con este libro de rimas, o neno ou nena aprenderán que non hai que ter medo aos monstros. En cada páxina inclúense ilustracións sorpresa coas que o neno divertirase. (NOVIDADE CURSO 2012/13)





FIZ O COLECCIONISTA DE MEDOS (OQO)
(Galego)

Fiz era o neno máis medorento do mundo. Un día a súa avoa díxolle que si coleccionaba todos os seus medos sería campión do mundo...

Unha historia para favorecer a expresión de sentimentos e tirar proveito de algo, que en principio, podería ser unha limitación para o día a día.





PEEK-A- BOOOO! (English)

Trátase dun libro perfecto para Halloween. En cada páxina hai unha coñecida personaxe de Halloween, como unha bruxa, un esquelete... As mans das persoaxes agachan o seu rostro e cando abres o libro móvense e descubren a súa cara como dicindo: CU-CUÚ. Ao final do libro hai máis solapas para levantar e xogar a "Truco ou trato"








lunes, 11 de marzo de 2013

A Escola


Este mes de setembro, co motivo do inicio das clases, dende o Departamento de Biblioteca recomendámosvos:


COSAS QUE ME GUSTAN DEL COLEGIO (Castelán) NOVIDADE CURSO 2012/13

Hai moitas cousas que me gustan do colexio: ter amigos, levarme ben cos compañeiros e mestres, e aprender moitas cousas novas. Ese libro trata da costume diaria de ir ao colexio dende un punto positivo para o neno. Ao final hai unha nota informativa para pais.









IAGO VAI Á ESCOLA (Galego)

Coas palabras e os ollos dun neno, o pequeno Iago conta os seus primeiros pasos pola escola... e en todas partes atopará amigos.












 MAISY GOES TO PRESCHOOL (English)

A Escola para Maisy supón un día cheo de amigos e cousas que facer, dende o momento en que colga o seu abriguiño ata o momento de dicir Good Bye.


domingo, 10 de marzo de 2013

Outono


Para o mes de Outubro recomendámosvos a lectura destes libros:

SOPA DE CALABAZA (Castelán)

 No medio dun bosque, nunha bonita cabaña viven un gato, un esquío e un pato Cada día fan sopa de cabaza para cear: o gato trocea a cabaza, o esquío remove a sopa e o pato bótalle sal. Pero un día o pato decide cambiar os papeis e ármase un gran lío entre os tres amigos... Este conto ensínanos o difíicil de cambiar a organización dunha casa. Tamén fala do bonito que é non reprocharse os uns aos outros por algo pasado. O tema é a convivencia e a amizade.










CORRE CORRE, CABACIÑA (Galego)

Non vin, vella nin velliña, nin velliña nin vellón. Corre corre, cabaciña, corre corre cabazón! respondía a cabaza que ía rodando polo camiño, ante a mirada estupefacta do lobo, do oso e do león. Quén estará dentro dela, facendo burla das tres feras?













KITTEN´S AUTUMN (English)

É un bonito día de outono na segunda aventura do gatiño. Veremos como o gatiño, sempre curioso, explora o bosque preto da súa granxa e atópase coas criaturas que viven alí: un esquío que mastica unha semente, unha eiruga comendo nunha folla, unha ra capturando moscas e moitos máis animais que comen isto e o outro para preparse para o inverno.

Iago

Este é o material elaborado para facer as actividades de comprensión lectora.

lunes, 4 de marzo de 2013

¡Sígueme!

Con motivo da celebración do día dos namorados limos esta historia dun elefante gris con lunares morados que se namora dunha formiga con cintura de avespa. O día que lle quere declarar o seu amor ela aparece cun cartel que pon ¡Sígueme! e ahí vai o elefante detrás dela seguíndoa polos lugares máis insospechados... Unha historia de amor que non ten naaaada de raro...


Para traballar os contidos do libro falamos dos carteis, pois a formiga utiliza un cartel durante todo o conto para comunicarse co elefante. Hai moitos tipos: informativos, de prohibición, de perigo... Pero nos imos facer un cartel para escribir unha mensaxe de amor. Estes foron algúns deles...


Na terceira semana rematamos os carteis e contamos chistes. Eleximos o chiste que máis nos gustou e fixemos un debuxo del. Algúns deles están publicados no novo enlace do apartado XOGO COA LINGUA



Na última semana do mes traballamos a expresión corporal dramatizando o conto de Sígueme! Hai dúas personaxes principais: o elefante e a formiga. Puxémonos por parellas e representamos unha historia de amor improvisada. Aquí tedes os nenos de 3 e 4 anos de Taraza dramatizando as súas emocións...

viernes, 1 de marzo de 2013

Animais

1. Qué é o primeiro que fai un cabalo
    cando cae a auga?
    Mollarse.

2. Un peixe dille a outro peixe:
    Qué fai o teu pai?
    O outro peixe respóndelle:
    Nada

3. Que animal é dous veces animal?
    O gato, porque é gato e araña.

4. Vai unha vaca paseando polo prado e
    atópase con outra vaca e dille MUUUU!!
    A outra vaca contéstalle BEEEEEE!!
    A primeira vaca estráñase e pregúntalle:
    Oes!! Se tí es unha vaca,
    por que balas como se foras unha ovella
    Ao que lle responde a segunda vaca:
    Porque che sei idiomas!

5. Unha nai mosquito dilles aos seus fillos:
    Nenos, tede coidado cos humanos e non
    vos acheguedes a eles, porque sempre
    queren matarnos.
    Pero un dos fillos contéstalle:
    Non, mami, non é certo.
    Onte estiven con un humano,
    e pasouse a tarde aplaudíndome.