jueves, 24 de enero de 2013

A cousa que mais doe do mundo


Neste mes de xaneiro imos celebrar unha festa especial: o Día da Paz. Esta é a mellor ocasión para contar un conto cunha moralexa que nos fará reflexionar sobre algo que debemos evitar para vivir en paz: a mentira.

A lebre e a hiena conversan, nunha xeira de pesca, sobre asuntos cotiáns. «A mentira é a cousa que máis doe do mundo», di a lebre; e a hiena bota a rir. Para demostrarllo, a lebre elaborará, na porta de palacio, un «pastel» moi especial que vai provocar a cólera do rei; logo, coa complicidade das moscas, a lebre daralle unha boa lección á hiena.



Ao final do conto á hiena párteselle o corazón e así aprende que a mentira é o que máis doe do mundo. Nós escollimos un corazón de cartolina e pintamos de rotuladores de cores a lección que a hiena tivo que aprender. Coas tesouras rompímoslle o corazón.

Na seguinte semana lembrámosnos do conto nas súas tres partes: inicio, medio e final, contamos un final alternativo e decidimos coserlle o corazón á hiena cun fío máxico que cura todas as feridas. Así quedaron de fermosos.


lunes, 21 de enero de 2013

Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis


No mes de decembro limos o conto de "Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis". Éste é un atípico conto de Nadal que nos amosa a visión dun neno sobre ese acontecemento tan especial. A narración, chea de humor, desvela a inxenuidade do maxín infantil.
Aproveitamos este conto para traballar a comprensión lectora dos rapaces a través de preguntas sobre o persoaxe e a acción da historia. Fixemos un resumo oral entre todos destacando as tres partes da narración: inicio, medio e final. Esto será moi importante para despois facer o seguinte traballo.

Na segunda semana de decembro seguimos traballando o conto dividíndo ao grupo en tres equipos: uns nenos pintarán o lienzo con pincel e témperas da imaxe do inicio, outros a imaxe do medio e outros a do final.