jueves, 24 de enero de 2013

A cousa que mais doe do mundo


Neste mes de xaneiro imos celebrar unha festa especial: o Día da Paz. Esta é a mellor ocasión para contar un conto cunha moralexa que nos fará reflexionar sobre algo que debemos evitar para vivir en paz: a mentira.

A lebre e a hiena conversan, nunha xeira de pesca, sobre asuntos cotiáns. «A mentira é a cousa que máis doe do mundo», di a lebre; e a hiena bota a rir. Para demostrarllo, a lebre elaborará, na porta de palacio, un «pastel» moi especial que vai provocar a cólera do rei; logo, coa complicidade das moscas, a lebre daralle unha boa lección á hiena.



Ao final do conto á hiena párteselle o corazón e así aprende que a mentira é o que máis doe do mundo. Nós escollimos un corazón de cartolina e pintamos de rotuladores de cores a lección que a hiena tivo que aprender. Coas tesouras rompímoslle o corazón.

Na seguinte semana lembrámosnos do conto nas súas tres partes: inicio, medio e final, contamos un final alternativo e decidimos coserlle o corazón á hiena cun fío máxico que cura todas as feridas. Así quedaron de fermosos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario