lunes, 17 de diciembre de 2012

Nadal

Surcando o ceo
vai voando no seu trineo
Sabes quen é?

Coa neve faise
e co sol desfaise
Quen é?

Saíron de Oriente,
con rumbo a Belén.
Se queres xoguetes
escríbelle aos tres.

Ten améndoa e mel.
Cómese no Nadal
Sabes dicirme que é?

lunes, 19 de noviembre de 2012

Monstruos Divertidos

No mes máis oscuro do ano celebramos o Samaín e, como non, o noso libro do mes vai adicado aos monstros. Este conto que está en verso o limos cantando e todos os nenos e nenas axudaron coas súas voces. Así entre risas, cantos, bailes e pantomimas fóronsenos todos os medos.
Somos monstruos divertidos.
Los niños no tienen miedo.
Nos gusta hacer cosquillas
y comernos caramelos.

Logo de facer as preguntas de comprensión ora fixemos unha ficha na que tiñamos que pintar o monstro do inicio e do final e poñer o seu nome escrito. Os alumnos de Primaria tiveron que cavilar un pouco máis para responder algunhas preguntas sobre o conto.

Na terceira semana do mes aprendimos cousas sobre o Teatro de Sombras. Todo comezou na prehistoria, cando os homes e mulleres primitivos que vivían en covas, facían sombras diante do lume.
Logo vimos grupos profesionais polo canal youtube, e intentamos imitar figuras de animais coas mans así como interpretar unha personaxe monstruosa diante da pantalla dixital.

Na derradeira semana de outubro traballamos o lugar onde acontecen os contos: os castelos, as casas, os bosques, a cidade... Por iso fixemos en equipo un cementerio divertido...


martes, 13 de noviembre de 2012

Samaín

A PANTASMA CUCUFATE

Á pantasma Cucufate
deulle onte un sofocón:
manchouse de chocolate 
a saba de algodón.

Meteuna na lavadora,
botoulle moito deterxente,
lavouna media hora
coa auga moi quente.

E agora como alma en pena
enfurruñada e aflixida
vaga de almea en almea
A saba está encollida!

Chégalle polas cadeiras
igual que unha camiseta
e luce as pernas
e as medias de calceta.

Ten un enorme disgusto
porque, onde queira que vaia,
a quen vai matar do susto
unha pantasma en minisaia?

lunes, 12 de noviembre de 2012

Samaín

Entre pócimas e ungüentos,                                           Di un turista asustado
e algún que outro maleficio,                                           que vive un monstro escocés
ser a mala dos contos                                                   completamente mollado
foi sempre o seu oficio.                                                 na metade do Lago Ness.

Esta velliña ten gracia.                                                   Conde que, con quietude,
Cando hai en Exipto voda,                                            como se fora un defunto,
con vendas da farmacia,                                                métese no ataúde
faise un vestido á moda                                                 ata dar as doce en punto.

Din que é abominable.                                                  Feito a base de remendos,
Vive na montaña nevada,                                              parafusos e costuras,
pero é peludo e amable                                                 aínda que é monstro tremendo
e a min nunca me fixo nada.                                          prodúceme gran tenrura.

As sabas de algodón                                                     Na noite de plenilunio
chéganlle polo tornecelo,                                               o mesmo en abril que xuño
e vai o espectro guasón                                                 cúbrese enteiro de pelo
oubeando polo castelo.                                                  e oubea mirando ao ceo.

Viven no cemiterio.
Son fracos e patitesos.
O can do tío Alterio
está tolo polos seus ósos.




miércoles, 24 de octubre de 2012

¿Donde está el trapito de Iyoké?

Neste mes de Outubro adicamos o tema do Proxecto Lector a África e por iso escollimos as aventuras de Iyoké, un neno africano que perdeu o seu trapiño e o busca nos lugares máis insólitos: no bubú de Mama Kuma, nos guacales, no tamarindo, na cabana do feiticeiro, ba boca dun cocodrilo...




Despois da lectura e as preguntas de comprensión, enumeramos todas as persoaxes que aparecen no conto, repartimos os debuxos entre todos os nenos e nenas da clase e fixemos marionetas. Na terceira semana do mes representamos o conto de Iyoké e improvisamos un pouco. Aquí tedes algunhas imaxes.


viernes, 5 de octubre de 2012

Outono

"Setembro, ou seca as fontes ou leva as pontes"

"Outono chuvioso, ano copioso"

"Se en setembro comeza a chover, outono seguro é"

"Castañas no Nadal, saben ben e pártense mal"

Outono

"Outono bonito,
folliñas no chan.
Castañas asadas,
Qué ricas están!!"

Outono

Ave teño de nome
de lá o revestimento
se non o adiviñas,
non tes discorremento.


Alta estou, ladrón vexo vir,
do meu carapucho
non podo fuxir.


Son redonda como o mundo.
Para morrer toda me esgazan.
Deixanme só o pelexo
e todo o zume me sacan.


Arquiña pechada
que ten que comer,
e no mundo enteiro
non hai carpinteiro
que a poda facer.

viernes, 28 de septiembre de 2012

IAGO

Velaquí están as actividades do mes de SETEMBRO do Proxecto Lector:
Primeiro contamos o conto de IAGO e falamos de moitísimas cousas: dos bebés, dos papás, dos avós, da roupa, as viaxes, as estacións do ano, os animais, as feridas, o primeiro día da escola...
 Logo os maiores debuxaron a IAGO, a persoaxe protagonista do conto e respostaron as preguntas de comprensión lectora.
 Os máis cativos pintaron a IAGO e escribiron o nome do protagonista.