lunes, 17 de junio de 2013

Los viajes del abuelo

Que preto está xa o verán!! Os nenos e nenas cóntanme os seus plans para as vacacións: ir á praia, á piscina, de camping, e moitos irán de viaxe. Falamos dos medios de transporte nos que podemos viaxar e así presentamos o último libro deste curso: Los viajes del abuelo.

Todas as noites antes de deitarse, o avó séntase sobre a súa cama, abre o seu cofre de madera e mira as cousas que hai dentro. Logo, pechao e volta a poñelo no seu sitio. Jorge ten curiosidade por saber o que o seu avó agocha no cofre que garda baixo a cama así que un día decide collelo para ver o que hai dentro. O avó descúbreo pero en lugar de enfadarse o colle no seu regazo e cóntalle unha bonita historia sobre as viaxes que fixo cando era mariñeiro de "La Celeste" percorrendo os sete mares do mundo.

Tras leerlles o conto aos alumnos fixemos "un concurso de preguntas". Así cada un respostou a unha pregunta sobre a historia recén contada. Algunhas eran un pouco máis difíciles pois se trataba de que fixeran "inferencias", e dicir, que respondesen a información que está máis aló do que nos conta o texto. Por exemplo: por qué a indíxena lle explicou ao avó con imaxes e xestos?

Despois repartíronse cascas de noz para que os enchesen de plastilina e decorasen unha vela para finalmente pegala nun escarvadentes que facía de mástil. Estes son algúns dos traballos.


domingo, 16 de junio de 2013

As viaxes

No mes de xuño comezamos a atisvar o fin do curso e comezamos a facer plans para as vacacións que xa pronto achéganse: ir á praia, ir á piscina, camping e poder viaxar e coñecer outros lugares, persoas, costumes. Así que neste tempo recomendámosche a lectura dos seguintes libros.

LOS VIAJES DEL ABUELO. Edelvives (Castelán)
O avó de Jorge reuníu nas súas viaxes de novo moitas sementes de árbores e, para non esquecer as súas aventuras, agachounas nun cofre. Cando as amosa ao seu neto, cóntalle as peculiaridades de cada unha delas, así como a sorprendente historia da persoa que lla entregou. E é que as sementes teñen memoria e se falasen contaríanos a nosa historia e a historia deste planeta, pois están aquí moito antes ca nos. Elas foron as primeiras en viaxar polo mar antes que existiran os barcos e voaron dun lugar a outro antes de que o fixeran os paxaros.



ONCE DAMAS ATREVIDAS Kalandraka (Galego)
Once damas atrevidas farán un recorrido por todo o mundo e, en cada aventura, unha desaparecerá... Este libro aproveita a estructura das rimas folclóricas que se atopa en todas as culturas para crear un conto que actualiza e aproxima aos primeiros lectores a unha vella rima tradicional, mediante o recurso dunha viaxe imaxinaria a través de diferentes espazos xeográficos e realidades culturais. Ofrece aos lectores participar do conto grazas á repetición de estructuras e descrubir ao mesmo tempo certos hitos culturais, arquitectónicos ou paisaxisticos das terras polas que van realizando esa viaxe.



SUMMER. Paperback (English)
Este libro forma parte dunha colección de catro contos sobre as estacións. Os libros pódense mercar por separado ou conxunto e ler aos nenos en cada tempada. Este conto sobre o verán está cheo de grandes e fermosas imaxes sobre as actividades que facemos no verán: andar en bicicleta, nadar, xogar á pelota. Tanto as palabras como as imaxes evocan os estados de ánimo que mostran os nenos nesta estación.



miércoles, 12 de junio de 2013

Primavera

É un gran señorón                                                                 Son unha herva trepadora e altanera
ten verde os ombreiro                                                           que cubro máis unha parede que unha pradera
e pantalón marrón.

                                                                                            Coa miña cara vermella
Bonita pranta,                                                                       o meu ollo negro
cunha flor                                                                             e o meu vestido verde
que xira e xira                                                                       o campo alegro.
buscando o sol                                                                  


Son a flor do indeciso
e do adiviñador,
todos arríncanme os pétalos
si, non, si, non, si non.


Cal das flores
é a que leva no seu nome
as cinco vogais?


Tul e non e tela,
pan, pero non de mesa.

domingo, 9 de junio de 2013

Día da nai

No mes de maio celebramos o día da nai,e por iso recomendámoste algunhas lecturas sobre esa persona que sempre está ahi para coidarnos, para xogar, para facernos ricas comidas e para darnos moitos agarimos. Pero mellor, non facela enfadar... non vaia ser que empece a botar fume e se lle poña cara de teteira...

ASÍ TE QUIERO MAMÁ, SM (Catellano)
Unha nai é esa persoa que está preto, comprende, consuela, aplaude, escoita, impulsa, salva e acompaña ao seu fillo. Sempre. Pase o que pase. Este é o inicio e o final dun conto cargado de fantasía e amor. Para a sorpresa do lector, non se trata dun neno que fala sobre a súa nai, senon unha nai que expresa ao seu fillo o amor desinteresado que sinte cara el, de corazón e sen esperar nada a cambio.


O DÍA EN QUE A MAMÁ SE LLE PUXO CARA DE TETEIRA. OQO (Galego)
A mamá de Marquiños estaba tan anoxada que empezou a botar fume pola boca coma se fose un dragón. Ao momento, o seu nariz converteuse nun biquelo; e a súa orella esquerda, nunha asa. Un pouco despois Marquiños recollía do chan unha teteira que se parecía moito á súa nai. Asustado, o neno foi ver á súa veciña, á avoa Lubi, ó tío Xesus, ó amigo Paco, o bibliotecario, o señor Ignacio... pero ningúen parecía capaz de arranxar aquilo. Este conto, que engancha dende o primeiro momento, está cheo de sentido de humor. Mediante a combinación do cotiá e do inesperado, trasladános a un mundo fantástico e cheo de ritmo onde calquera cousa pode suceder...


I´M JUST LIKE MY MOM, I´M JUST LIKE MY DAD. Rayo (English)
Unha nena e un neno van describindo o moito que se parecen á súa nai e ao seu  pai respectivamente. Recorrendo o seu aspecto físico, xestos e aficións, os pequenos descubren en eles mesmos o legado familiar que teñen dos seus proxenitores e avós, pasando dende a cor dos ollos, o tipo de pelo, ata o gusto pola música ou a afición polo fútbol. Éste é un libro bilingüe con dúas portadas está dirixida a nenos de 3 e 6 anos.

sábado, 8 de junio de 2013

O día en que a mamá se lle puxo cara de teteira

Co motivo do día da nai celebrado o primeiro domingo de maio eleximos este conto. Os nenos e nenas falaron das cousas que máis lles gusta das súas nais pero... qué ocorre cando as mamás se enfadan? qué cousas fixemos para facelas enfadar?

A mamá de Marquiños estaba tan anoxada que empezou a botar fume pola boca coma se fose un dragón. Ao momento, o seu nariz converteuse nun biquelo; e a súa orella esquerda, nunha asa. Un pouco despois Marquiños recollía do chan unha teteira qeu se parecia moito a súa nai. Asustado, o neno foi ver a súa veciña, a avoa Lubi, o tío Xesús, o amigo Paco, o bibliotecario, o señor Ignacio... pero ninguén parecía capaz de arranxar aquilo. Este conto, que engancha dende o primeiro momento, está cheo de sentido de humo. Mediante a combinación do cotiá e do inesperado, trasládanos a un mundo fantástico e cheo de ritmo onde calquera cousa pode suceder.
Despois de contar o conto e sorprendernos co que ocorre, debemos encontrar un final. O alumnado foi moi creativo ideando finais para este conto:
- Marquiños esperta dun sono, tras outro, tras outro, tras outro... ata que o final percátase de que se non rompe o xarrón, mamá non se convertirá en teteira. Así que con moito coidado, érguese da cama sen estragar nada
- Cando rompe o xarrón, saen disparadas flores por todo o cuarto e mamá ponse tan contenta por ver tantas cores que non se enfada, e non se corvirte en teteira
- Mamá e marquiños entran nunha tenda a mercar un xarrón novo e máis bonito co anterior.
- Marquiños pásase todo o día pegando cada trociño do xarrón e así mamá non se convirte en teteira.
- Mamá vai a espertar a Marquiños, comezan a saltar os dous na cama e é mamá quen rompe o xarrón favorito. Marquiños e mamá convírtense en teteira.
E moitos máis

O alumnado fixo unha ficha onde ilustrou o seu final e escribiu o que aconteceu





Na seguinte semana traballamos as adiviñas da primavera. Os nenos e nenas fixeron unha ficha na que tiñan que pintar a resposta á adiviña que lles leía e logo escribir o seu nome. Na seccións de adiviñas deste blogue podédelas ver.



Na última semana fixemos un pouco de teatro, representando varias escenas do conto. Qué bos actores temos neste centro!!!!