sábado, 19 de octubre de 2013

O pescador e a súa muller

Con motivo da XVII edición de Voz Natura, na que este ano somos participantes, "Ríos e praias en boas mans", eleximos para este mes de Outubro este libro que fala da historia dun mariñeiro e a súa muller cando aquel pesca no mar un rodaballo encantado. O mariñeiro era moi humilde e estaba contento coa vida que levaba, pero non así a súa muller. Cando enterouse que liberou do anzol a un rodaballo que era un príncipe encantado ordenoulle que voltara e que lle pedira un desexo: unha casa. Pero non parou aquí pois seguiu reclamando máis, e máis e máis cousas.

Este clásico conto encerra unha moralexa que é facilmente identificada polos nenos: a avaricia rompe o saco. Despois da lectura aprendimos a identificar o título do conto, as personaxes e o protagonista, o lugar e o tempo en que transcorre a historia.

Co fin de afianzar e aprender vocabulario sobre o mar, cada alumno escolleu un animal mariño e o pintou de moitas cores, logo recortámolo e o pegamos no mural que previamente decoramos entre todos.
Na segunda semana de outubro traballamos as adiviñas sobre o mar. Os alumnos de E. Primaria leron as adiviñas aos nenos mais pequenos e entre todos intentaron adiviñalas. Logo o alumnado de E. Primaria escribiu as respostas debaixo das adiviñas e os nenos de E. Infantil recortaron os recadros. Logo serán pegados no mural.

Na terceira semana rematamos os murais, e fixemos un pouco de teatro. Primeiro os nenos imaxinaron que deixaban de ser quenes eran para convertirse nun animal mariño. Logo representamos algunha escena do
conto. Se lles da moi ben!!



lunes, 14 de octubre de 2013

Lo que más me gusta del colegio

Arrancamos cun novo curso e nada mellor que comezalo cun conto que nos amosa as cousas que máis nos agradan do colexio. O noso protagonista é un coello moi tenro e emotivo, que presenta algunhas das actividades que pode facer no cole: escoitar contos, pintar, facer amigos, xogar... Trata do hábito de acudir ao colexio e participar no proceso de aprendizaxe dun modo positivo para o neno.


Despois da lectura do conto, fixemos algunhas preguntas de comprensión lectora e practicamos a describir personaxes: cómo vai vestido, de que cor é, cómo ten as orellas, qué lle gusta comer... etc.

Nas seguintes semanas preparamos un boneco de papel que imite a forma e o modo de vestir do protagonista. Os nenos de E. Infantil fixeron un boneco a partires dun rolo de papel hixiénico, pintandoo con témpera de cor laranxa e axul e pegandolle a cara, os brazos e os pés.
 

Os nenos e nenas de E. Primaria fixeron un "Cube Scrable", unha técnica que trata de facer bonecos de papel en 3D a partires de cubos. Foi un traballo difícil e precisaron un pouco de axuda pero por fin os remataron nesta semana.