martes, 30 de abril de 2013

Día do pai

Neste mes  de marzo celébrase o Día do Pai, así que fixemos unha selección de contos adicados aos nosos papás ou a aqueles homes dentro da nosa familia que son importantes para nós.

CON P DE PAPÁ, Kalandraka (Castelán)
Papá abrigo, papá avión, papá percheiro, papá coidador... un pai é capaz de transformarse nas cousas máis incríbes. Un libro que achégase á relación de complicidade entre pai e fillo, e que invita a ámbolos dous a descubrirse xuntos e estreitar os lazos da súa relación familiar ao paso de cada páxina.

PAPÁ ACHÉGAME A LÚA, Kalandraka (Galego)

A lúa desempeña un pape moi importante na infancia e é protagonista de moitas narrativas. Relaciónase cos soños, as aventuras e os desexos difíciles de concretar. Eric Carle narra os esforzos poos que un pai pasa para satisfacer o desexo da súa filla, e o que o leva a subir unha alta montaña, entre outras cousas. Un atractivo xogo de tamaños e direccións disposto en páxinas despregables.



MY DAD (English)
Nun homenaxe entrañable aos pais de todo o mundo, un meniño describe -e esaxera- os moitos logros e fazañas do seu pai. Entre os rasgos eloxiados son o seu enorme talento para o canto, as súas habilidades de loita case profesional, a súa extrema valentía de cara o perigo (nin sequera medo do lobo feroz!!) e a súa capacidade de (literalmente no mundo de Anthony Browne- de comer como un cabalo. Todas as imaxes contan coa sinatura dun pai adorable ataviado cun albornoz escocés na súa faceta máis cómoda para un libro coa seguinte mensaxe final: Eu quero ao meu pai, e sabes que? EL QUÉREME! (e sempre o fará).





lunes, 29 de abril de 2013

El mágico mundo de los periódicos

EL MÁGICO MUNDO DE LOS PERIÓDICOS

O proxecto do mes de marzo consistiu na confección da portada do noso xornal: O NOTICIEIRO. Recortamos e pegamos as letras do xornal para formar esta palabra, escollimos un anuncio e unha noticia que nos gustara e a pegamos nos cadros correspondentes. Coloreamos a "fotografía" da noticia e colocamos o titular, o resumo e o corpo nos lugares correspondentes dentro da folla DIN A3 que lles repartín. Asimesmo completamos coa información necesaria. Aquí tedes o necesario para facelo vos mesmos.


domingo, 28 de abril de 2013

Día dos Namorados

Un dos temas do mes de febreiro é o amor. Por iso dende o Departamento de Biblioteca recomendámosvos que lexades os seguintes libros:

ENAMORADOS (Castelán) Kókinos

Qué é estar namorado? É como caerse da bici ou é algo de mentira? É volverse un pouco tolo ou estar maliño? Hai que levar paraugas ou darse bicos? É algo de chicas ou de anxos? Todo isto haberá que explciarlle a Ernesto (que gústalle Dalomé) aínda que aínda non sabe demostrárllo e non fai máis que amolala e tirarlle do pelo.



SÍGUEME (UNHA HISTORIA DE AMOR QUE NON TEN NADA DE RARO) (Galego) OQO

Un elefante gris con lunares morados, que vive nunha selva, namora dunha formiga negra con cintura de avespa. O seu amor é correspondido, pero para estaren xuntos quédalles un longo camiño por percorrer. A formiga convida o elefante a que a siga, e este, sen pensalo dúas veces, vai detrás dela. Percorre unha senda bordeada de árbores, métese ata o fondo dunha cesta de costura, nada dentro dunha botella de auga… Despois de moito andar, o elefante e a formiga atópanse e gozan do seu amor. Un amor con cintura de avespa e lunares morados… que non ten nada de raro!



HENRY IN LOVE (English)

Henry esperta polo olor das madalenas de arandos frescos do forno. Despois do almorzo, a súa nai mete na súa mochila a merenda da escola. Chloe, unha coelliña encantadora co seu vestido rosado fai que Henry sinta algo especial: amor, unha morea de flores rosadas e vermellas. No camiño á escola, o encontro co irmán maior de Chloe dalle a Henry coraxe para acercarse a ela no patio. O facer as beiras nesta idade consiste nun espectáculo de ximnasia.
 




viernes, 26 de abril de 2013

A casa da mosca chosca

Aquí tedes o material elaborado para realizar o proxecto deste conto, que consistiu nunha representación dramática con carautas e a posterior grabación en video.








miércoles, 24 de abril de 2013

A casa da mosca chosca

Xa estamos entrando na Primavera e no bo tempo, así que... qué mellor tema para este mes que falar dos moitos insectos que empezan a aparecer, das flores, das follas novas das árbores, o bo tempo... Así que escollimos o conto da Casa da Mosca Chosca, un conto popular de Rusia. Na casa da mosca hai unha torta de amoras, sete pratos, sete banquetas, sete animais a punto de merendar. Xa non cabe ninguén máis… pero alguén peta na porta

Na primeira semana limos o conto. Eu facía de narradora e de mosca chosca e os nenos de E.Primaria e algúns nenos de E.I que xa arrancaron na lectura facían o seu papel de Escaravello Revello, Morcego Chairego, Sapo Castrapo...
Logo nas nosas mesas de traballo escollimos unha personaxe e comezamos a facer a correspondente máscara: a coloreamos, a decoramos, a pegamos nunha cartolina máis grosa, a recortamos, picamoslle os ollos e o nariz, picamos dous buratos e neles introducimos as gomas para despois rematalas con nudos.
Na terceira semana estivemos ensaiando os nosos papeis e por fin poidemos gravarnos en video. A ver que vos parecen as nosas actuacións!!
ESCOLA DA CARREIRA A



ESCOLA DA CARREIRA B


ESCOLA DE LAGO
(1º Parte)



 (2 parte)



ESCOLA DE TARAZA


ESCOLA DE VILABOA


ESCOLA DE VILARRUBE