martes, 30 de abril de 2013

Día do pai

Neste mes  de marzo celébrase o Día do Pai, así que fixemos unha selección de contos adicados aos nosos papás ou a aqueles homes dentro da nosa familia que son importantes para nós.

CON P DE PAPÁ, Kalandraka (Castelán)
Papá abrigo, papá avión, papá percheiro, papá coidador... un pai é capaz de transformarse nas cousas máis incríbes. Un libro que achégase á relación de complicidade entre pai e fillo, e que invita a ámbolos dous a descubrirse xuntos e estreitar os lazos da súa relación familiar ao paso de cada páxina.

PAPÁ ACHÉGAME A LÚA, Kalandraka (Galego)

A lúa desempeña un pape moi importante na infancia e é protagonista de moitas narrativas. Relaciónase cos soños, as aventuras e os desexos difíciles de concretar. Eric Carle narra os esforzos poos que un pai pasa para satisfacer o desexo da súa filla, e o que o leva a subir unha alta montaña, entre outras cousas. Un atractivo xogo de tamaños e direccións disposto en páxinas despregables.



MY DAD (English)
Nun homenaxe entrañable aos pais de todo o mundo, un meniño describe -e esaxera- os moitos logros e fazañas do seu pai. Entre os rasgos eloxiados son o seu enorme talento para o canto, as súas habilidades de loita case profesional, a súa extrema valentía de cara o perigo (nin sequera medo do lobo feroz!!) e a súa capacidade de (literalmente no mundo de Anthony Browne- de comer como un cabalo. Todas as imaxes contan coa sinatura dun pai adorable ataviado cun albornoz escocés na súa faceta máis cómoda para un libro coa seguinte mensaxe final: Eu quero ao meu pai, e sabes que? EL QUÉREME! (e sempre o fará).





No hay comentarios:

Publicar un comentario