domingo, 28 de abril de 2013

Día dos Namorados

Un dos temas do mes de febreiro é o amor. Por iso dende o Departamento de Biblioteca recomendámosvos que lexades os seguintes libros:

ENAMORADOS (Castelán) Kókinos

Qué é estar namorado? É como caerse da bici ou é algo de mentira? É volverse un pouco tolo ou estar maliño? Hai que levar paraugas ou darse bicos? É algo de chicas ou de anxos? Todo isto haberá que explciarlle a Ernesto (que gústalle Dalomé) aínda que aínda non sabe demostrárllo e non fai máis que amolala e tirarlle do pelo.



SÍGUEME (UNHA HISTORIA DE AMOR QUE NON TEN NADA DE RARO) (Galego) OQO

Un elefante gris con lunares morados, que vive nunha selva, namora dunha formiga negra con cintura de avespa. O seu amor é correspondido, pero para estaren xuntos quédalles un longo camiño por percorrer. A formiga convida o elefante a que a siga, e este, sen pensalo dúas veces, vai detrás dela. Percorre unha senda bordeada de árbores, métese ata o fondo dunha cesta de costura, nada dentro dunha botella de auga… Despois de moito andar, o elefante e a formiga atópanse e gozan do seu amor. Un amor con cintura de avespa e lunares morados… que non ten nada de raro!



HENRY IN LOVE (English)

Henry esperta polo olor das madalenas de arandos frescos do forno. Despois do almorzo, a súa nai mete na súa mochila a merenda da escola. Chloe, unha coelliña encantadora co seu vestido rosado fai que Henry sinta algo especial: amor, unha morea de flores rosadas e vermellas. No camiño á escola, o encontro co irmán maior de Chloe dalle a Henry coraxe para acercarse a ela no patio. O facer as beiras nesta idade consiste nun espectáculo de ximnasia.
 




No hay comentarios:

Publicar un comentario