miércoles, 1 de mayo de 2013

A primavera

Neste mes de abril, entramos de cheo na estación da primavera: nacen as follas das árbores e flores por todas partes, os días son mais longos, fai un chisco mais de calor, os animais saen das súas madrigueiras e... tamén aparecen os insectos. Algúns destes temas son os que abren o argumento da seguinte listaxe de recomendados:

LA ORUGA MUY HAMBRIENTA, Kalandraka (Castelán)
Á luz da lúa, un ovo diminuto repousaba sobre unha folla. Un domingo pola mañá, cando o sol comenzaba a quentar, PLOP! do ovo saíu unha eiruga pequerrecha e moi larpeira... Un conto que podedes atopar na nosa biblioteca en portugués (Umha eiruga moito comilona) pero que tamén está editado en galego (Unha eiruga moi larpeira) e en ingés (A very hungry caterpiller).




A CASA DA MOSCA CHOSCA, Kalandraka (Galego)
Farta de zoar dun sitio a outro, a mosca chosca decide facerse unha casa. Para inaugurar o seu novo fogar decide facer unha festa. Para iso cociña unha torta de amoras. Logo coloca sete banquetas, sete pratos, sete animais a punto de merendar. Xa non cabe ninguén máis... pero alguén peta na porta. Un conto popular ruso   cunhas personaxes moi especiais.



THE SPIDER AND ME, Kalandraka (English)
Ollos de cereixa, pel de pexego, nariz de amorodo... Unha misteriosa viaxe para unha araña exploradora. Un achegamento visual e poético pola xeografía do corpo humano que axudará aos nenos a repasar vocabulario básico.