domingo, 16 de junio de 2013

As viaxes

No mes de xuño comezamos a atisvar o fin do curso e comezamos a facer plans para as vacacións que xa pronto achéganse: ir á praia, ir á piscina, camping e poder viaxar e coñecer outros lugares, persoas, costumes. Así que neste tempo recomendámosche a lectura dos seguintes libros.

LOS VIAJES DEL ABUELO. Edelvives (Castelán)
O avó de Jorge reuníu nas súas viaxes de novo moitas sementes de árbores e, para non esquecer as súas aventuras, agachounas nun cofre. Cando as amosa ao seu neto, cóntalle as peculiaridades de cada unha delas, así como a sorprendente historia da persoa que lla entregou. E é que as sementes teñen memoria e se falasen contaríanos a nosa historia e a historia deste planeta, pois están aquí moito antes ca nos. Elas foron as primeiras en viaxar polo mar antes que existiran os barcos e voaron dun lugar a outro antes de que o fixeran os paxaros.



ONCE DAMAS ATREVIDAS Kalandraka (Galego)
Once damas atrevidas farán un recorrido por todo o mundo e, en cada aventura, unha desaparecerá... Este libro aproveita a estructura das rimas folclóricas que se atopa en todas as culturas para crear un conto que actualiza e aproxima aos primeiros lectores a unha vella rima tradicional, mediante o recurso dunha viaxe imaxinaria a través de diferentes espazos xeográficos e realidades culturais. Ofrece aos lectores participar do conto grazas á repetición de estructuras e descrubir ao mesmo tempo certos hitos culturais, arquitectónicos ou paisaxisticos das terras polas que van realizando esa viaxe.



SUMMER. Paperback (English)
Este libro forma parte dunha colección de catro contos sobre as estacións. Os libros pódense mercar por separado ou conxunto e ler aos nenos en cada tempada. Este conto sobre o verán está cheo de grandes e fermosas imaxes sobre as actividades que facemos no verán: andar en bicicleta, nadar, xogar á pelota. Tanto as palabras como as imaxes evocan os estados de ánimo que mostran os nenos nesta estación.



No hay comentarios:

Publicar un comentario