domingo, 24 de noviembre de 2013

A figueira de Pelostortos

A figueira que daba os mellores figos de toda a aldea era a de Pelostortos. E él a vixiaba pola mañá, pola tarde e pola noite. Ía armado cunha escopeta que disparaba cartuchos de sal aos nenos que se acercaban por alí, pois non quería compartir nin un dos seus figos:

"Antes me leven as almas en pena que darvos un só figo da miña figueira"

Pero hai que ter tino co que se promete ás toas, sobre todo, se o que merecemos é un bo escarmento, tal e como lle ocorre ao avaro protagonista deste terrorífico e divertido conto.

Na Escola de Carreira, os nenos de E. Primaria turnáronse para ler o conto entre todos os compañeiros. Fixéronno moi ben pois incluso atrevéronse a entonar as voces das personaxes cando lles tocaba falar.


Unha vez lido e comprendido o conto nas suas tres partes, comezamos o proxecto: personaxes silueteados que serán utilizados para facer teatro de sombras. Os alumnos picaron as partes escuras e a silueta da personaxe que elexiron.
Despois recortaron e pegaron papel celofán de cores nos ocos internos das personaxes: ollos, boca, nariz, zona dos brazos...

Na segunda semana foi cando remataron as personaxes e aproveitamos tamén para recitar o Poema da Pantasma Cucufate que podedes ler na sección de Poemas e resolvimos adiviñas das personaxes do samaín. Na terceira semana do mes recordamos o que era o teatro de sombras, o que precisamos para facelo, a súa historia, como xurdiu e visionamos tres exemplos de cómo se pode facer teatro de sombras: co corpo, coas mans e con personaxes e decorados de cartolina.
Logo representamos o conto entre toda a clase.

No hay comentarios:

Publicar un comentario